preescolar

< pre- + escolar
Plural: preescolares
  1. adx Que é anterior á escolarización obrigatoria dun cativo.
  2. s EDUC Ensino non obrigatorio do sistema educativo promulgado pola Lei Xeral de Educación (1970) antes da promulgación da LOXSE, que comprendía unha etapa dos 2 aos 4 anos, que se realizaba no xardín de infancia, e unha segunda, dos 4 aos 6 anos, que se realizan na escola de párvulos.