prebenda

< lat praebenda
Plural: prebendas
  1. s f DER/RELIX Porción doada aos cóengos e monxes suxeitos a unha clase ou administración conxunta de bens.
  2. s f DER/RELIX Porción de bens ou rendas que se asignan a un eclesiástico nas igrexas, catedrais ou colexiatas para que poidan vivir e levar a cabo as funcións inherentes ao seu cargo.
  3. s f Oficio ou ocupación lucrativa e de pouco traballo.