prazo

< lat placĭtu ‘convenio’
Plural: prazos
  1. s m Tempo limitado que se dá para que se realice algo.
  2. s m ECON
    1. Período de tempo establecido para o estudo do comportamento dinámico de determinadas magnitudes económicas.
    2. Pagamento parcial, nunha venda a prazos, que se fai no tempo establecido ata completar unha suma a pagar.
  3. s m DER
    1. Elemento accidental dos negocios xurídicos que ten como efecto o aprazamento da súa execución, a fixación da data ou as condicións en que se extingue, ou ben unha prórroga concedida.
    2. Momento en que cómpre realizar un acto procesual e que se establece polo xuíz de acordo coa lei.

Palabras veciñas