prata

< lat v *platta ‘lámina de metal’
Plural: pratas
  1. QUÍM
    1. s f Elemento metálico pertencente ao grupo I B da táboa periódica, de número atómico 47 e peso atómico 107,8682. É branco, de elevado poder reflector, dúctil, maleable e bo condutor da calor e da electricidade. Emprégase na obtención dos seus sales, na prateadura e na obtención de auga destilada.
    2. bromuro de prata [AgBr] Sólido en forma de pos ou cristais que ennegrecen por efecto da luz.
    3. nitrato de prata [AgNO 3 ] Sal de prata, empregada na preparación de haluros de prata, que ten aplicación na industria fotográfica como reactivo analítico, na fabricación de espellos, na tintura dos cabelos e como antiséptico e astrinxente.
    4. sulfuro de prata [Ag 2 S] Sólido en forma de pos, que se emprega en cerámica e para nielar.
    5. vitelinato de prata Proteína complexa que se emprega como antiséptico e astrinxente para lavados e colirios.
  2. s f Obxecto feito con este metal.

Refráns

  • Prata é sempre o que prata vale.

Palabras veciñas