práctica

< práctico
Plural: prácticas
  1. s f Realización dunha actividade de forma continua e reiterada.
  2. s f Experiencia adquirida ao realizar algo con moita frecuencia.
  3. s f Feito de realizar algo teórico dun xeito real.
  4. s f Feito que se realiza por costume.
  5. s f Exercicio en que se aplican os coñecementos teóricos estudados con anterioridade.

Citas

  • Está realizando as prácticas na facultade
  • Estase iniciando na práctica da lectura
  • Interésalle as prácticas relixiosas dos pobos
  • Na práctica iso non se cumpre
  • Ten moita práctica na cociña