smEscavación vertical e profunda, practicada no solo ata atopar unha camada acuífera, xeralmente no manto freático máis próximo á superficie.
smLugar onde un río alcanza maior profundidade.
smEscavación, xeralmente vertical e profunda, practicada no chan cunha finalidade diferente á de localizar auga.
smEscavación vertical e inclinada, feita nunha mina para permitir a extracción de mineral e a pasaxe dunha galería a outra ou á superficie ademais de facilitar a ventilación.
smPerforación vertical cilíndrica e profunda, efectuada con perforadoras rotativas, para localizar ou explotar un xacemento petrolífero ou de gas natural.
pozo de xeo/de neveCavidade, eventualmente escavada, onde se almacenaba a neve ou o xeo natural extraído dos glaciares.
pozo negroEscavación subterránea que se fai para recoller as augas residuais das casas cando non existe unha rede de sumidoiros.
FÍS
smCorpo cargado negativamente, xeralmente de aspecto puntual, ao que chegan as liñas de campo.
pozo de potencialRexión do espazo en que o potencial asociado a un campo de forzas ten un mínimo.
Frases feitas
Ser un pozo de. Ser ou ter moito daquilo que se expresa.