potestade

< lat potestāte
Plural: potestades
  1. s f Poder, facultade ou dominio que se ten sobre persoas ou cousas.
  2. s f pl RELIX Conxunto de anxos que constitúen a xerarquía inferior do segundo coro da orde anxélica do Pseudo-Denís.
  3. s f HIST/DER Xurisdición sobre un castelo ou demarcación que se tiña en feudo do s X ao XV.
  4. potestade discrecional DER Exercicio dunha facultade mediante un proceso aplicador do ordenamento xurídico en que ten unha relevancia especial a estimación subxectiva ou libre apreciación da administración.
  5. potestade regulada DER Exercicio dunha facultade que exclúe a apreciación subxectiva da administración ao prever e determinar o ordenamento xurídico todas as súas condicións, termos e consecuencias.