< lat científico potassium neerl pottaschen ‘cinza de pote’
Plural:potasios
smQUÍMElemento químico de número atómico 19 e peso atómico 39,0983, que pertence ao grupo I A, ou dos metais alcalinos, da táboa periódica. Forma aliaxes con numerosos metais e intervén na regulación dun gran número de procesos vitais.
carbonato de potasioQUÍMSólido en forma de pos brancos delicuescentes, que se empregan na fabricación de vidros e cerámicas especiais, como deshidratante, aditivo alcalino para alimentos e cosméticos e na fabricación de tubos de televisión.
cloruro de potasioQUÍMSólido cristalino incoloro de gusto fortemente salgado, que se emprega como fertilizante, en fotografía e como substituínte do cloruro sódico na dieta con fins terapéuticos.
dicromato de potasioQUÍMSólido cristalino, vermello amarelado, que se emprega como pigmento, oxidante e reactivo analítico.
hidróxido de potasioQUÍMSólido branco que se emprega na fabricación de xabóns e deterxentes, como elemento de branqueo e como aditivo alimentario alcalino.
nitrato de potasioQUÍMSólido cristalino, higroscópico, de gusto salino, que se emprega na preparación de fertilizantes.
permanganato de potasioQUÍMSólido cristalino de cor púrpura escura e gusto astrinxente, altamente oxidante, que se emprega como oxidante industrial, analítico e sintético, como desinfectante e como axente branqueador.
sulfato de potasioQUÍMSólido cristalino que se emprega como fertilizante para os cultivos de cítricos.