posto -ta

< lat posĭtu, p pas de ponĕre
Plural: postos Masculino: posto Masculino plural: postos Feminino: posta Feminino plural: postas
  1. p irreg poñer.
  2. adx Que vai ben enfeitado e amañado.
  3. adx Que ten bo aspecto físico e vai ben vestido, polo que resulta agradable á vista.
  4. s m Posición que lle corresponde ocupar a unha persoa ou cousa.
  5. s m Función que desempeña unha persoa no seu traballo.
  6. s m Lugar dedicado para a venda ou prestación de servizos na rúa ou nun edificio.
  7. s m BÉL Lugar ocupado por un corpo de tropas para unha operación militar.

Sinónimos

Confrontacións

Frases feitas

  • Posto que loc conx Dado que, xa que.