posesión

< lat possessĭōne
Plural: posesións
  1. s f Acción de posuír.
  2. s f Cousa que se posúe.
  3. s f HIST Territorio situado fóra das fronteiras dun estado pero que lle pertence por convenio ou por conquista.
  4. s f DER Acción de posuír ou de facerse materialmente cunha cousa, que inclúe o poder efectivo sobre ela, independentemente da súa lexitimidade, e a cousa posuída con causa xusta e de boa fe e con intención de dispor dela.
  5. posesión diabólica RELIX Estado mental que se traduce nun comportamento considerado por unha comunidade como unha demostración de que o individuo que o padece está baixo a influencia dunha forza de orixe sobrenatural

Citas

  • Os documentos están en posesión do avogado
  • Ten moitas posesións na cidade
  • Tomar posesión dun cargo