portulacáceo -a

< lat científico Portulaca
Plural: portulacáceos Masculino: portulacáceo Masculino plural: portulacáceos Feminino: portulacácea Feminino plural: portulacáceas
  1. adx Relativo ou pertencente ás portulacáceas.
  2. s f PLANTA Planta da familia das portulacáceas.
  3. s f pl PLANTA Familia das cariofilais composta por plantas herbáceas ou subarbustivas, que presentan follas dispersas ou enfrontadas, carnosas e estipuladas, flores hermafroditas agrupadas en cimos e froito en cápsula dehiscente.

Palabras veciñas