pontón

< lat pontōne
Plural: pontóns
  1. s m CONTR Pequena viga de madeira que se coloca de forma paralela apoiada nas trabes dun tellado ou piso e sobre a que descansan as táboas ou as tellas.
  2. s m CONTR Ponte flotante que está constituída por dúas barcas ou flotadores unidos por un ou máis postes.
  3. s m MAR Embarcación que ten o fondo, a proa e a popa planas e que se emprega para cruzar ríos ou como base de pontes provisionais.