pomba

< lat v *palumba
Plural: pombas
  1. s f ANIMAL/ORNIT Ave da familia dos colúmbidos, de tamaño medio, cor cinsenta e alimentación granívora.
  2. pomba brava ANIMAL/ORNIT Pomba que presenta o corpo de cor que alterna o azul co gris e irisacións de diferentes cores, e con liñas negras nas ás e na cola.
  3. pomba mensaxeira ANIMAL/ORNIT Pomba dedicada ao transporte de mensaxes desde un lugar remoto ata o seu pombal.
  4. pomba zura ANIMAL/ORNIT Pomba que presenta o corpo gris, moi parecida á brava, aínda que coa mitra máis escura e os extremos das ás negros.

Refráns

  • Ó pombal caído non vale botarlle trigo.
  • O pombal esborrallado non precisa ter tellado.

Palabras veciñas