pólipo

< lat polypu gr πολύπους
Plural: pólipos
  1. s m ZOOL Organización propia dos cnidarios, que está representada por individuos fixos, solitarios ou en colonias.
  2. PAT
    1. s m Tumor brando que se implanta por un pedículo nunha mucosa ou na pel.
    2. pólipo mucoso Quiste de pequeno tamaño que se produce en calquera parte da mucosa.