sfFÍSCondición dunha radiación electromagnética cun vector de campo electromagnético que mantén unha certa orientación.
FÍS/TECNOL
sfMovemento de cargas nun dieléctrico situado nun campo eléctrico.
polarización dieléctricaModificación de carácter vectorial que experimenta un dieléctrico sometido á influencia dun campo eléctrico.
polarización dun electrodoDiminución do valor absoluto do potencial dun electrodo ao adherirse á súa superficie ións do mesmo signo ca el.
polarización eléctricaFenómeno que provoca, nun medio dieléctrico neutro, a separación das cargas eléctricas positivas e negativas que o compoñen.
sfFÍS/QUÍMFenómeno que provoca que, nun electrólito, a tensión dun electrodo ou dun elemento galvánico sexa diferente cando hai paso de corrente ou cando este é nulo.
FÍS
sfFenómeno que, nunha radiación electromagnética, consiste en conferir unha dirección ben definida ao campo eléctrico E que caracteriza as ondas que forman a radiación.
polarización rotatoriaXiro do plano de polarización dun feixe de luz polarizada que ocorre cando atravesa unha substancia opticamente activa.
polarización de membranaFISIOLDistribución desigual de ións de sodio e potasio no líquido extracelular e no citoplasma, que provoca unha diferenza de potencial eléctrico na membrana da célula.
polarización económicaECONCrecemento zonal nunha rexión económica, con concentración de actividades económicas que afectan ao resto do territorio e que dinamizan a súa estrutura.