polarización

< polarizar
Plural: polarizacións
  1. s f FÍS Condición dunha radiación electromagnética cun vector de campo electromagnético que mantén unha certa orientación.
  2. FÍS/TECNOL
    1. s f Movemento de cargas nun dieléctrico situado nun campo eléctrico.
    2. polarización dieléctrica Modificación de carácter vectorial que experimenta un dieléctrico sometido á influencia dun campo eléctrico.
    3. polarización dun electrodo Diminución do valor absoluto do potencial dun electrodo ao adherirse á súa superficie ións do mesmo signo ca el.
    4. polarización eléctrica Fenómeno que provoca, nun medio dieléctrico neutro, a separación das cargas eléctricas positivas e negativas que o compoñen.
  3. s f FÍS/QUÍM Fenómeno que provoca que, nun electrólito, a tensión dun electrodo ou dun elemento galvánico sexa diferente cando hai paso de corrente ou cando este é nulo.
  4. FÍS
    1. s f Fenómeno que, nunha radiación electromagnética, consiste en conferir unha dirección ben definida ao campo eléctrico E que caracteriza as ondas que forman a radiación.
    2. polarización rotatoria Xiro do plano de polarización dun feixe de luz polarizada que ocorre cando atravesa unha substancia opticamente activa.
  5. polarización de membrana FISIOL Distribución desigual de ións de sodio e potasio no líquido extracelular e no citoplasma, que provoca unha diferenza de potencial eléctrico na membrana da célula.
  6. polarización económica ECON Crecemento zonal nunha rexión económica, con concentración de actividades económicas que afectan ao resto do territorio e que dinamizan a súa estrutura.