poesía

< lat poēsis gr ποίησις
Plural: poesías
  1. s f Arte de expresar ou traducir en forma concreta o contido espiritual propio, mediante palabras dispostas segundo unhas determinadas leis métricas.
  2. s f Xénero de obras escritas en verso.
  3. s f Conxunto de obras poéticas dun poeta ou de diversos poetas, producidas nun período determinado ou nunha lingua determinada.
  4. poesía popular LIT Poesía creada polo pobo a partir da súa necesidade de expresar unhas vivencias humanas elementais e permanentes e na que é recoñecido como tal pobo.

Sinónimos

Citas

  • Elaborou unha obra chea de poesía

Refráns

  • A poesía está no cazolo e na chirouvía.