poboación

< lat populatĭōne
Plural: poboacións
    1. s f DEMOG Conxunto de habitantes dun lugar.
    2. s f DEMOG Colectivo de seres humanos dunha certa magnitude e xeograficamente determinado.
    3. s f ECOL Conxunto de individuos dunha mesma especie que habitan nunha área determinada ou nun medio limitado convencionalmente.
    4. poboación activa DEMOG Poboación que ten a idade mínima para acceder ao mercado laboral.
    5. poboación de dereito DEMOG Poboación residente que ten uns dereitos e deberes respecto do concello en que está censada.
    6. poboación de feito DEMOG Suma das persoas residentes presentes e das transeúntes.
    7. poboación inactiva DEMOG Parte da poboación que non exerce ningunha actividade económica remunerada nin se atopa en disposición de realizala.
    8. poboación mendeliana XEN Conxunto de individuos dunha mesma especie que se poden cruzar libremente entre eles. Constitúe un grupo de reprodución limitado polo seu medio ou polo seu sistema xenético.
  1. s f Lugar poboado.
  2. s f MAT Conxunto de elementos dos que se quere estudar certas propiedades non específicas.
  3. poboación de estrelas ASTRON Clase de estrelas con características semellantes.
  4. poboación en risco de enfermidade PAT Poboación susceptible naturalmente a unha enfermidade baixo unhas condicións dadas.

Sinónimos

Confrontacións

Citas

  • A tormenta deixou incomunicadas a varias poboacións do interior

Palabras veciñas