plexo

< lat plexu ‘entrelazado’
Plural: plexos
  1. s m ANAT Rede de filamentos nerviosos ou vasculares.
  2. plexo aórtico ANAT Plexo nervioso simpático que se sitúa preto da aorta.
  3. plexo cervicobraquial ANAT Plexo que dá troncos nerviosos para a innervación do membro superior, o pescozo e parte do peito e do ombreiro.
  4. plexo coroides ANAT Cordón vascular que a piamáter forma ao introducirse nos ventrículos laterais do cerebro.
  5. plexo de Auerbach e de Meissner ANAT Plexo nervioso que se sitúa entre as túnicas do estómago e do intestino.
  6. plexo lumbosacro ANAT Plexo nervioso simpático de moitas ramas que se sitúa diante da aorta e do sacro. Serve para innervar esta rexión xunto ás arterias. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].