plenario -ria

< lat plenarĭu
Plural: plenarios Masculino: plenario Masculino plural: plenarios Feminino: plenaria Feminino plural: plenarias
  1. adx Que está completo, especialmente referido a unha reunión á que asisten todas as persoas que teñen dereito.
  2. s m DER Parte do proceso criminal que segue o sumario ata a sentenza, durante o que se expoñen os cargos e as defensas en forma contraditoria. OBS: Tamén se denomina xuízo oral.

Citas

  • O acordo foi tomado por maioría nunha asemblea plenaria