plebiscito

< lat plebiscītu
Plural: plebiscitos
  1. s m DER/POLÍT Consulta directa ao pobo dun estado ou territorio con personalidade política, para obter a ratificación dunha medida ou sobre a xestión dunha persoa.
  2. s m DER/HIST Decisión de carácter lexislativo adoptada pola asemblea plebea, a proposición dun maxistrado plebeo e que, inicialmente, só era obrigatoria para eles, se ben cara á fin da República fíxose obrigatoria para todos os habitantes.