plataforma

< fr plate-forme
Plural: plataformas
    1. s f Superficie plana e horizontal máis elevada ca o chan circundante.
    2. plataforma de lanzamento COSMON Estrutura de formigón e de aceiro en que se montan os elementos dun foguete espacial e desde a que se efectúa o seu lanzamento.
    3. plataforma petrolífera IND Estrutura que se emprega para a perforación de pozos de petróleo no mar.
  1. s f Superficie que nas estacións de ferrocarril se sitúa ao longo da vía destinada para que os viaxeiros poidan andar.
  2. s f Parte inmediata á entrada e saída de pasaxeiros, desprovista de asentos en vehículos de transporte público.
  3. s f Peza grosa de material lixeiro que leva a sola de determinados zapatos.
  4. s f Programa ou conxunto de ideas reivindicativas dun grupo político, profesional ou sindical.
  5. s f Asociación non estable de grupos ou partidos para a consecución duns fins compartidos.
  6. plataforma automotriz COSMON ehículo autopropulsado que se emprega para trasladar os vehículos espaciais desde o edificio de montaxe ata a plataforma de lanzamento.
  7. plataforma continental XEOG Superficie submarina inclinada que se estende desde a liña de costa ata os 200 m de profundidade, a partir de onde se produce unha ruptura do terreo que dá paso ás profundidades mariñas.
  8. plataforma espacial COSMON estación espacial.
  9. plataforma estrutural XEOG Superficie horizontal composta na parte superior por unha litoloxía de estratos de rocha dura, debido á erosión e desgaste dos materiais máis brandos das capas anteriores.
  10. plataforma xiratoria TRANSP Peza circular que xira no interior dunha fosa, provista dunha ou máis vías na súa superficie superior, e que se emprega para cambiar de vía ou de sentido unha locomotora ou un vagón, dispostos sobre ela, ao facela xirar.

Citas

  • Formaron unha plataforma para a defensa da ría
  • Gañar ese premio foi a plataforma para converterse en escritor de sona
  • Levaba zapatos con plataforma
  • O profesor daba as clases desde unha plataforma

Formas incorrectas

andén