sfBOTOrganismo que pertence ao reino vexetal, que son seres vivos autotróficos, xeralmente inmóbiles, ordinariamente de crecemento indefinido, e carentes de sistemas de relación. Actualmente considéranse só plantas aos organismos pluricelulares con cloroplastos e con paredes celulares celulósicas.
sfAspecto físico dunha persoa.
sfCada un dos pisos ou alturas dun edificio.
planta baixaAndar máis baixo dun edificio, situado ao nivel do chan.
sfARQUITGráfico con finalidades técnicas que representa unha construción ou unha parte, coas características xeométricas e dimensionais dos seus elementos visto desde arriba e a unha escala preestablecida.
sfMATProxección horizontal de calquera obxecto ou proxecto e que, cando se baixan os planos coordenados do diedro, pasa a ocupar a parte inferior da liña de terra.
sfINDConxunto de instalacións e maquinaria dunha industria.
planta do péANATCara inferior do pé, desde o talón ata as dedas.