sfAcción de elaborar e executar un plano económico.
planificación territorialProceso de decisión polo que se determinan as directrices e os diferentes detalles dos usos do chan.
planificación estratéxica empresarialECONSistema, a medio e a longo prazo, para establecer proxectos de desenvolvemento e programas de explotación para a xestión óptima da empresa.
planificación familiarSOCIOLPráctica de control de nacementos que representa a atención dos aspectos psicolóxicos, médicos, familiares, sociais, económicos ou demográficos que condicionan a natalidade.
planificación lingüísticaLINGConxunto de intervencións organizadas de maneira consciente e sistemática para influír sobre a forma e as funcións das variedades lingüísticas presentes nun marco social determinado.
planificación urbanaXEOGPráctica que contribúe a conformar as cidades segundo unhas determinadas tendencias que axustan a súa imaxe e o espazo urbano aos procesos de transformacións socioeconómicas.