placenta

< lat placenta ‘torta’
Plural: placentas
  1. ZOOL
    1. s f Órgano materno dos mamíferos terios, que consiste nunha zona de contacto entre o útero, o corion e o alantoide do embrión, pola que se establece, durante a xestación, o intercambio de gases e de substancias nutritivas entre a nai e o embrión.
    2. placenta previa Placenta que se insire no segmento inferior uterino e que se presenta antes ca o feto, durante o parto, e pode ser causa de importantes hemorraxias.
  2. s f BOT
    1. Parte resaltada do carpelo onde se insire un primordio seminal.
    2. Protuberancia de tecido foliar dos soros das pteridófitas, de onde arrancan os esporanxios.