pitón

< fr piton
Plural: pitóns
  1. s m Peza de ferro dunha porta ou ventá sobre a que van encaixadas as palmelas, para poder abrilas e pechalas.
  2. DEP
    1. s m Cravo que se utiliza en escalada e espeleoloxía, que se fixa na rocha e permite engancharlle o mosquetón ou os estribos.
    2. pitón de expansión Pitón partido que se abre por dentro e permanece fixo á rocha ao ser cravado, grazas a unha cuña que leva incorporada.