pista

< ital pista
Plural: pistas
  1. s f
    1. Pegada que deixa unha persoa, un animal ou unha cousa por onde pasa.
    2. Sinal ou noticia que leva ao descubrimento dun feito.
  2. s f Espazo de terreo cuberto ou ao aire libre que se emprega para manifestacións deportivas ou recreativas.
    1. s f CONSTR Faixa lonxitudinal anexa a unha vía, que está destinada a un uso específico.
    2. s f AERON Faixa de terreo sinalizado de forma axeitada onde poden realizarse as manobras de levantar voo e aterrar as aeronaves.
    3. pista de bicicletas Pista pavimentada paralela a unha calzada, destinada á circulación de bicicletas.
    4. pista forestal ía sen asfaltar de anchura estritamente necesaria para o paso de automóbiles, destinada á explotación e conservación de bosques.

Sinónimos

Confrontacións

Citas

  • Coa concentración parcelaria fixéronse novas pistas, Para chegar á igrexa colle a segunda pista á dereita
  • Necesitamos algunha pista para resolver o xeroglifo, Seguen sen pistas sobre o paradoiro da parella
  • Seguiron as pistas do oso ata que o fotografaron