anxina

Plural: anxinas
  1. PAT
    1. s f Inflamación total ou parcial do istmo da farinxe.
    2. anxina abdominal/intestinal Cadro de dor abdominal causada por unha diminución da irrigación sanguínea dos intestinos.
    3. anxina de Ludwig Inflamación flegmonosa da base da boca, consecuencia da supuración da glándula salival submaxilar.
    4. anxina de peito Síndrome caracterizada pola dor ou constrición na rexión anterior do tórax.
  2. s f VETER Enfermidade dos animais de pata redonda que consiste na inflamación das primeiras vías respiratorio-dixestivas.

Confrontacións