pirámide

< lat pyrămĭde gr πιραμίς, −ίδος
Plural: pirámides
  1. s f MAT Poliedro que ten por base un polígono calquera e as outras caras, que son triángulos, teñen un vértice común.
  2. ARQUIT/ARQUEOL
    1. s f Construción arquitectónica de forma piramidal que se empregou como templo, nas civilizacións precolombinas, ou como sepulcro no antigo Exipto.
    2. pirámide de chanzos Pirámide que presenta, en todas as súas caras, unha sucesión decrecente de chanzos, a modo de escaleira.
  3. pirámide alimentaria ALIM Representación gráfica que consiste nunha pirámide con niveis, onde na base estarían os carbohidratos procedentes dos cereais, no primeiro andar as froitas e as verduras, no segundo as carnes e os pescados e no último as graxas e os doces.
  4. pirámide de idades DEMOG Histograma dobre simétrico que representa a estrutura por idades e sexos dunha poboación. O eixe de ordenadas recolle as idades; o eixe de abscisas é dobre: o da dereita recolle o conxunto de mulleres de cada idade e o da esquerda o de homes.
  5. pirámide ecolóxica ECOL Diagrama piramidal en que se representa a biomasa, os niveis de enerxía do ecosistema e como están relacionados estes niveis, e se manteñen grazas á enerxía do nivel inferior e cuxa produción é maior ca o seu nivel superior e menor ca o seu nivel inferior.

Palabras veciñas