piollo

< lat peducŭlu
Plural: piollos
  1. ANIMAL/ENTOM
    1. s m Insecto de pequeno tamaño que pertence ás ordes dos homópteros, anopluros, psocópteros e malófagos.
    2. piollo común [Pediculus humanus] Anopluro de pequeno tamaño, da familia dos pedicúlidos, que ten o corpo deprimido, de cor amarela escura e cuberto dunha cutícula resistente, aparato bucal perforador chuchador e patas rematadas nunha uña. Vive parasito sobre o corpo dos humanos e aliméntase do seu sangue.
    3. piollo dos libros [Trogium pulsatorium] Psocóptero, da familia dos tróxidos, que ten as antenas curtas, aparato bucal mastigador e abdome elíptico. Parasita as galiñas e nútrese de plumas e descamacións da pel.
    4. piollo pato [Phthirus pubis] Anopluro que presenta o corpo curto e amplo, cos tres pares de patas con uñas para fixarse ben no hóspede, que vive como parasito na pube e zonas pilosas dos humanos.
  2. piollo de mar ANIMAL Crustáceo peracárido mariño, da orde dos isópodos, que ten o corpo de cor parda escura e vive parasito externo dalgúns peixes.

Sinónimos

Frases feitas

  • Facer como o piollo pola cinsa. Ser incapaz de facer algo, ou facelo moi lentamente.

Refráns

  • Cando os piollos saltan ¡que farán as pulgas!

Formas incorrectas

ladilla