anular

< anel
Plural: anulares
  1. adx Relativo ou pertencente ao anel.
  2. adx Que ten forma de anel.
  3. adx XEN Aplícase ao cromosoma que adopta a forma de anel cando os seus extremos se entrecruzan e quedan unidos.
  4. s m ANAT Cuarto dedo da man, entre o maimiño e o maior, no que se poñen habitualmente os aneis.