pínnula

< lat pinnŭla
Plural: pínnulas
  1. s f ASTRON/XEOG Pequena placa metálica que se dispón verticalmente no extremo de determinados instrumentos astronómicos ou topográficos, para efectuar aliñacións ou medir ángulos.
  2. s f BOT Folíolo dunha folla dúas ou máis veces pinnaticomposta.
  3. s f ICT Parte destacada dunha aleta, que está situada entre as aletas anais e dorsais.
  4. s f ZOOL Apéndice de consistencia branda que está situado sobre cada un dos aneis dos brazos dos crinoideos.