pingüín

< fr pingouin
Plural: pingüíns
  1. s m ANIMAL/ORNIT Ave mariña caradriforme, incapaz de voar, da familia dos álcidos, que se extinguiu en 1844. OBS: Tamén se denominaba alca real.
  2. ANIMAL/ORNIT
    1. s pingüín austral Ave mariña esfeniscída, dos xéneros
    2. pingüín austral emperador [Aptenodytes forsteri] Ave mariña, da familia dos esfeniscídos, que ten o corpo de gran tamaño, a cabeza e as costas de cor negra azulada, o peito e o ventre brancos, e a gorxa e os costados do pescozo amarelos.
    3. pingüín austral real [Aptenodytes patagonicus] Ave mariña, da familia dos esfeniscídos, que ten a cabeza e as costas de cor negra, o peito e o ventre brancos, e o pescozo con manchas amarelas.
  3. pingüín das Galápagos ANIMAL/ORNIT Ave mariña, da familia dos esfeniscídos, co corpo de pequeno tamaño.

Palabras veciñas