picar

< orixe expresiva
  1. v t Ferir superficialmente cun obxecto punzante. Tm v pron.
  2. v t Cortar algo en trozos pequenos.
  3. v t Facer un ou varios buratos en algo cun obxecto punzante.
  4. v t Dar golpes cun martelo, unha maza ou pico para dar forma ou triturar. Tm abs.
  5. v t Incitar a alguén con palabras ou accións.
  6. v t Facer un pequeno burato na pel co pico ou co aguillón unha ave ou insecto, ou cunha agulla ou outro obxecto aguzado.
  7. v t Tomar unha pequena cantidade de comida ou tomala pouco a pouco. Tm abs.
  8. v t Inxectar droga. Tm v pron.
  9. v i Causar nunha parte do corpo unha sensación de proído ou ardor.
  10. v i Producir certos alimentos no padal ou na lingua unha sensación de ardor.
  11. v i Descender bruscamente un avión.
  12. v i Sentir proído.
  13. v i Morder un peixe o anzol. Tm fig, referido a persoa.
  14. v i col Caer nun engano.
  15. v pron Perder o aire que contiña unha superficie ao ser furado por un obxecto que remata en punta.
  16. v pron Formarse buratos nunha tea ou materia.
  17. v pron Levantar o vento pequenas ondas no mar.
  18. v pron Estropearse o viño.
  19. v pron col Ofenderse alguén por unha palabra ou acción.
  20. v pron Ter carie unha moa ou dente.

Sinónimos

Confrontacións

Citas

  • A faneca picou o cebo, Cando a troita picou, puxei da cana
  • A traza picoulle todo o traxe
  • Coa chegada da borrasca picouse o mar
  • Coidado con esas herbas que pican moito, Moito lle pican as pernas coa auga salgada, Onde che pica?
  • Moito chorou a nena cando se lle picou o globo
  • O revisor picou todos os billetes menos o meu, Picou a roda cunha punta
  • O teu irmán picou a parede onte pola mañá, OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto, O canteiro picou durante horas e horas
  • O veterinario picoulle un antibiótico á xovenca
  • Os pardais picaron todas as cereixas, OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto, As abellas pican
  • Os pementos de Padrón, uns pican e outros non
  • Pasade e picade algo con nós, OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto, Á noite non quere cear porque pica toda a tarde
  • Pícalle ben esa carne para que lle sexa mellor de comer, Picou a leña que estaba no alpendre
  • Picáronse as sabas de estar tantos anos gardadas
  • Picou as pernas nas silvas, A enfermeira picoulle o dedo para sacarlle sangue
  • Picou o cabalo para saltar o regato
  • Picou, e perdeu todos os aforros
  • Picouno ata que conseguiu que reaccionara, Non me piques se non queres que che conteste mal
  • Picouse todo porque non o invitamos á festa
  • Piqueime coa agulla mentres cosía
Verbo: picar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

pico

picas

pica

picamos

picades

pican

Copretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

picaba

picabas

picaba

picabamos

picabades

picaban

Pretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

piquei

picaches

picou

picamos

picastes

picaron

Antepretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

picara

picaras

picara

picaramos

picarades

picaran

Futuro

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

picarei

picarás

picará

picaremos

picaredes

picarán

Pospretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

picaría

picarías

picaría

picariamos

picariades

picarían

Subxuntivo

Presente

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

pique

piques

pique

piquemos

piquedes

piquen

Imperfecto

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

picase

picases

picase

picasemos

picasedes

picasen

Futuro

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

picar

picares

picar

picarmos

picardes

picaren

Imperativo

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

-

pica

-

-

picade

-

Formas nominais

Infinitivo conxugado

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

picar

picares

picar

picarmos

picardes

picaren

Xerundio

picando

Participio

picado

picada

picados

picadas