picada

< picar
Plural: picadas
  1. s f Acción e efecto de picar.
  2. s f Pequena ferida producida polo aguillón dun insecto, por un instrumento punzante ou polo bico dunha ave.
  3. s f Burato pequeno que se fai nalgunhas superficies cun obxecto punzante.
  4. s f Feito ou dito co que se mortifica ou fire a alguén.
  5. s f Dor forte que se ten nunha parte do corpo.

Sinónimos

Citas

  • Foi ao toxo e agora ten as mans cheas de picadas
  • Non podo ir en bici porque a roda ten unha picada
  • Teño unha picada de avespa no brazo