piano

< ital pianoforte
Plural: pianos
  1. s m MÚS Instrumento de corda de tecla que consta dunha caixa onde están as cordas e que son percutidas mediante un mecanismo accionado por teclado.
  2. piano de cola Piano que ten as cordas e a caixa de resonancia en posición horizontal.
  3. piano de manubrio Piano que funciona accionando unha manivela.
  4. piano electrónico Instrumento electrófono provisto de osciladores e accionado mediante un teclado.
  5. piano mecánico Instrumento reprodutor de música adaptado a un piano ordinario.
  6. piano vertical Piano que ten as cordas e a caixa de resonancia en posición vertical.