pexa

< lat v *pĕdĕa lat pĕdĭca ‘lazo, trampa’
Plural: pexas
  1. s f Corda, cadea ou peza de madeira que se lle pon a un animal, sobre todo nas patas, para que non escape.
  2. s f Corda ou cadea que se lle pon a algo para evitar que sexa roubado.
  3. s f Elemento que impide a realización normal dunha acción ou o seu desenvolvemento.

Sinónimos

Citas

  • Esqueceuse de poñerlle a pexa á moto e roubáronlla
  • Non puxeron ningunha pexa á nosa presenza