antropomorfismo

< antropomorfo
Plural: antropomorfismos
  1. s m Atribución de forma e características humanas a calquera obxecto ou animal.
  2. s m FILOS Doutrina que utiliza nocións propias da natureza ou da conduta do home para explicar entidades diferentes deste, sexan as cousas do mundo natural ou de Deus.
  3. s m RELIX Doutrina que concibe a divindade atribuída con características humanas.
  4. s m LIT Recurso literario que consiste en atribuír calidades e propiedades humanas a animais, vexetais ou entes inanimados e abstractos.