antropoloxía

< antropo- + -logía
Plural: antropoloxías
  1. ANTROP
    1. s f Ciencia que estuda o ser humano.
    2. antropoloxía biolóxica/física Ciencia que estuda o home como obxecto das ciencias naturais, analizando a variabilidade normal do corpo humano no espazo e no tempo.
    3. antropoloxía cultural Estudo da cultura humana desde as súas orixes ata os nosos días e das súas variedades e adaptacións en función das súas relacións sociais e biolóxicas.
    4. antropoloxía económica Estudo das estratexias, relacións e institucións económicas das sociedades primitivas.
    5. antropoloxía social Estudo do ser humano en función da súa conduta social. As orientacións teóricas son o estruturalismo e o funcionalismo.
  2. s f FILOS Reflexión filosófica sobre o ser humano que ten como obxecto o home como ser natural e ser esencial.
  3. s f RELIX Reflexión sobre o home a partir da revelación que inclúe o tratado teolóxico sobre a creación do home, a súa caída e a súa redención.
  4. antropoloxía criminal DER/PSIC Estudo dos factores antropolóxicos en relación á actividade criminal.