persoa

< lat persōna
Plural: persoas
    1. s f Individuo da especie humana.
    2. s f Mesmo individuo cando é unha persoa indeterminada.
    3. persoa moral Conxunto ou grupo de persoas, sexa ou non recoñecido como persoa xurídica.
  1. DER
    1. s f Suxeito de dereito e deberes.
    2. persoa física Todo ser humano.
    3. persoa xurídica Conxunto de persoas ou de bens recoñecidos para o Estado como un suxeito de dereito con personalidade independente dos seus asociados, ou dos seus favorecidos, que se organiza para a consecución de algo.
    1. s f FILOS Individuo humano como ser que, dotado de conciencia, transcende a realidade físico-biolóxica, goza dunha radical autonomía, realízase adecuadamente na relación cos outros e pode decidir por el mesmo o seu propio destino.
    2. persoa divina RELIX Cada unha das formas, no dogma da Trindade, en que Deus se manifesta, na creación e, máis particularmente, no home.
  2. s f LING Accidente ou morfema gramatical, común ao pronome e ao verbo, que fai referencia aos participantes na comunicación e ao que é o obxecto.

Frases feitas

  • 2 Persoa que pode verse danada por outras. Ex: Podes facer o que queiras mentres non lles afecte a terceiras persoas.
  • En persoa. Un mesmo. Ex: Entregou os premios en persoa.
  • Por persoa. Por cada un.
  • Terceira persoa 1 Persoa que serve de mediadora en algo Ex: Precisamos dunha terceira persoa que nos axude a decidir.

Formas incorrectas

persona