perna

< lat perna
Plural: pernas
  1. s f Parte de cada unha das dúas extremidades locomotoras do home comprendida entre o pé e o xeonllo.
  2. s f Extremidade locomotora inferior do home.
  3. s f Extremidades posteriores dos cuadrúpedes e as patas das aves.
  4. s f Parte dunha peza de vestir que cobre a perna ou parte dela.
  5. s f MAR Cada unha das dúas pezas de rede unidas ao copo, propias da arte de bou.

Confrontacións

Citas

  • Para facer un círculo máis grande tes que abrir máis as pernas do compás
  • Tes unha perna do pantalón máis longa ca a outra

Frases feitas

  • A perna solta. Sen preocupaci
  • Andar en pernas. Andar coas pernas ao aire, sen nada que as cubra.
  • Estarricar a perna. Morrer.
  • Estirar as pernas. Cami
  • Ter boas pernas. Expresi

Refráns

  • A perna crebada, na cama ou na casa.
  • A perna no leito e o brazo no peito.