periódico -ca

< lat periodĭcu gr περιοδικός
Plural: periódicos Masculino: periódico Masculino plural: periódicos Feminino: periódica Feminino plural: periódicas
  1. adx Relativo ou pertencente a un período.
    1. adx Que ocorre en intervalos ou períodos de tempo fixos ou determinados.
    2. lei periódica QUÍM Principio segundo o que as propiedades dos elementos químicos, dependen da estrutura do átomo e varían de xeito sistemático co número atómico.
  2. adx m QUÍM Aplícase ao ácido que é un oxoácido mineral sólido, cristalino e incoloro, que se emprega como oxidante.
  3. s m PUBLIC
    1. Publicación que sae a intervalos regulares de tempo.
    2. Sede ou lugar de redacción dunha publicación.