perca

< lat perca gr πέρκη
Plural: percas
  1. s f ANIMAL/ICT Peixe dulceanícola, do xénero Perca, da familia dos pércidos, de cor dourada con bandas laterais escuras que ten dúas aletas dorsais moi xuntas, a primeira con raios duros e a segunda con raios moles.