penumbra

< lat paene ‘case’ + lat umbra ‘sombra’
Plural: penumbras
  1. s f
    1. Iluminación escasa ou moi tenue.
    2. Lugar ou zona iluminada cunha luz moi tenue.
    1. s f FÍS Rexión do espazo que está situada detrás dun corpo opaco e iluminado por unha fonte luminosa non puntual e parcialmente privada da luz.
    2. penumbra da Lúa ASTRON Rexión do espazo que está parcialmente privada da luz do Sol a causa da interposición da Lúa.
    3. penumbra da Terra ASTRON Rexión do espazo que está parcialmente privada da luz do Sol a causa da interposición da Terra.

Citas

  • Moitos intelectuais quedaron na penumbra coa posguerra
  • O cuarto estaba na penumbra