peneireiro -ra

Plural: peneireiros Masculino: peneireiro Masculino plural: peneireiros Feminino: peneireira Feminino plural: peneireiras
  1. s Persoa que fabrica ou vende peneiras.
  2. s Persoa que traballa coa peneira.
  3. s m ANIMAL/ORNIT lagarteiro peneireiro.
  4. peneireiro cincento ANIMAL/ORNIT Ave rapaz, da familia dos accipítridos, que ten ás longas e aguzadas, a cola curta, estreita e gallada, o dorso e a cabeza de cor gris azulada e as ás de cor gris pola parte superior e negras nas puntas. As partes inferiores son brancas, o peito grisáceo e os ollos vermellos, e aliméntase de pequenas aves, insectos, ras, lagartas e pequenos mamíferos.

Palabras veciñas