smFÍSSistema físico que está formado por un corpo material que oscila arredor dun eixe horizontal que non pasa polo seu centro de gravidade, e que se utiliza como órgano regulador dos reloxos fixos.
péndulo balísticoMAT/BÉLDispositivo que permite determinar a velocidade dun proxectil disparado contra el, a partir da desviación que sofre a causa do impacto.
péndulo de torsiónFÍSSistema que está constituído por un sólido suspendido dun fío moi delgado, que oscila arredor do eixe formado polo fío e a causa da súa torsión.
péndulo eléctricoTECNOL/FÍSElectroscopio que está constituído por unha pequena bóla de cortiza ou de sabugueiro, suspendida cun fío de seda, cuxa bóla, se se electriza, ao achegarlle un corpo electrizado será atraída ou repelida por este e poderá detectarse o signo da carga do corpo.
péndulo sideralASTRONReloxo maxistral que serve para sinalar o tempo dos astros nos observatorios astronómicos.