pena

Plural: penas
    1. s f Sufrimento, castigo ou dano que se lle fai padecer a quen cometeu unha falta ou un delito.
    2. s f DER Efecto xurídico, debido á comisión dun delito, entendido como a expiación ou retribución.
    3. s f RELIX Castigo reservado aos pecadores.
    4. ánima en pena RELIX Ánima que sofre as penas do inferno ou do purgatorio.
    5. pena corporal DER Castigo que afecta á persoa ou á súa integridade física.
    6. pena de morte/capital DER Pena máxima dentro de calquera ordenamento que priva da vida ao delincuente destruíndoo fisicamente.
    7. pena eterna RELIX Inferno que inclúe a pena de dano e a pena de sentido.
  1. s f Sentimento de dor ou angustia moral que é provocado por un acontecemento non desexado.
  2. s f Feito que causa ese sentimento.
  3. s f pl Complicacións e padecementos que se sofren na vida.

Palabras veciñas