pelotón

< fr peloton
Plural: pelotóns
  1. s m Grupo de soldados baixo as ordes dun cabo ou dun sarxento.
  2. s m Conxunto que forman un gran número de ciclistas ao agruparse durante a carreira.
  3. s m Grupo numeroso e desordenado de persoas.

Citas

  • Á cabeza do pelotón ía Álvaro Pino
  • Chegaron á discoteca en pelotón
  • Na sala de prensa había un pelotón de fotógrafos