antíxeno

< anti- + gr γένος ‘orixe’
Plural: antíxenos
  1. s m BIOL Substancia capaz de provocar a acción de anticorpos que teñen capacidade de reacción específica con ela.
  2. antíxeno de histocompatibilidade FISIOL Antíxeno presente en todas as células do organismo que intervén nas reaccións de rexeitamento nos transplantes de órganos.
  3. reacción antíxeno-anticorpo FISIOL Reacción química en que os determinantes antixénicos se combinan cos centros activos dos anticorpos e constitúen unha rede tridimensional proteica insoluble que se precipita e se degrada metabolicamente.