smANATParte terminal das extremidades abdominais do home que comprende o tarso, o metatarso e as dedas.
smParte dunha media ou dun calcetín que cobre o pé, do nocello para abaixo.
pé de atletaPATTricofitose do pé, producida polo fungo Candidaalbicans, que se caracteriza polo arroibamento, vesiculación e fendas entre as dedas.
pé equinoPATDeformidade permanente do pé, que o priva de tomar contacto coa terra polos seus puntos normais de apoio.
pé planoPATDeformidade que se caracteriza pola desaparición da ponte do pé, de maneira que se apoia a planta en terra.
smParte terminal de cada unha das patas dun animal.
pé fendidoPezuño dos ungulados.
smBOTTronco dunha planta ou dunha árbore.
smBOTÁrbore ou planta sobre a que se fai un enxerto.
pé de viñaCepa das vides.
pé machoPlanta que carece de espigas.
smParte dun obxecto que serve para soportar algo e sobre a que este se apoia no chan.
smPeza colocada verticalmente para soster algún elemento de construción.
smCONSTRBalaústre ou barra de ferro que, disposta verticalmente no extremo inferior dalgunhas escaleiras, ou dun dos seus tramos, forma parte da varanda, sostendo o pasamáns, e adoita ser máis groso e máis longo ca os outros barrotes da varanda.
pé dereitoCONSTRTaboleiro disposto verticalmente que, fixado a outros taboleiros traveseiros, sostén unha estada.
smParte de abaixo dunha cousa.
sm plParte dunha cousa oposta á cabeceira, especialmente da cama.
smPedra inferior do muíño, sobre a que xira a moa.
smTexto impreso debaixo, ao lado ou enriba dunha ilustración, que explica o seu significado e facilita a comprensión.
smMETROL
Medida de lonxitude de valor variable segundo os países ou as localidades, que corresponde aproximadamente á lonxitude dun pé humano.
Unidade de lonxitude que se utiliza nos países anglosaxóns, igual a 1/3 da iarda ou a 12 polgadas, que equivale a 30,48 cm.
Medida de lonxitude que equivale a uns 28 cm segundo as zonas e que corresponde á terceira parte dunha vara.
smLITUnidade métrica básica a partir da que se formaban os versos na poesía clásica grega e latina.
pé ambulacralZOOLApéndice dos equinodermos que utilizan como medio de locomoción e como parte do seu sistema respiratorio.
pé azulFUNGOFungo, da familia das tricolomatáceas, que presenta sombreiro carnoso, máis ou menos aplanado, de cor morada, con láminas escotadas e de pé de cor máis clara ca o sombreiro.
pé crebadoLITerso de oito sílabas, ou menos, que aparece nunha composición combinado con versos maiores, e que en relación a estes aparece como fragmentario.
pé de boiPLANTAPlanta perenne, da familia das apiáceas, que presenta talos oco,s follas pinnadas abaixo e sésiles arriba, flores brancas e froito globoso.
pé de canMARDisposición das áncoras dunha embarcación cando están fondeadas dúas a proa e unha a popa.
pé de codasteMARParte do codaste que descansa sobre a quilla.
pé de escota longoMARSistema de navegación de vela en que a vela vai máis solta e o barco vai máis lixeiro, e que se emprega para navegar cando o vento bate ao biés.
pé de galiñaPLANTAPlanta perenne, da familia das poáceas, que presenta talos floríferos e follas con lígula. OBS: Tamén se denomina grama.
pé de galloMARPeza de ferro bifurcada que, cravada a un pau dunha embarcación, serve para enganchalo ou unir cabos.
pé de galoMARCorda con chumbo, que se atopa por debaixo nas redes do cerco.
pé de imprentaGRÁFIndicación do lugar e do ano onde se imprimiu un libro, un cartel ou calquera outra publicación.
pé de monteXEOGRexión chairega que está situada ao pé dun macizo montañoso e formada pola acumulación de materiais, arrastrados por torrentes e ríos, e previamente arrancados da montaña polos efectos da erosión.
pé de rataFUNGOFungo, da clase dos basidiomicetos, que presenta aspecto de coral e de cor amarela. Crece baixo as árbores e restos de materia vexetal en descomposición.
pé de reiMETROLAparato que se emprega para medir distancias curtas con moita precisión.
pé de rodaMARPeza curva de madeira que une a roda de proa ou de popa coa carena, nunha embarcación de madeira.
pé de sardiñaMARBanco de sardiñas que entra nunha ría.
pé dunha perpendicularMATPunto en que unha recta ou un plano cortan a perpendicular trazada sobre eles.
Frases feitas
2loc adv Que xa se levanta da cama, despois dunha enfermidade.